É habitual, entre abril e maio, ver aparecer no campo parcelas negras de terra limpa de herba. Preparar o terreo para a horta é o traballo máis duro, especialmente se non tes tractor e hai que facelo a man, como no meu caso.
Hai uns meses cheguei á canle de Charles Dowding, un inglés defensor do “no dig”, onde non é preciso sachar todos os anos para obter colleitas sas e abondosas. Como son de natureza preguiceira, decidín probar.
Que é o método no dig ou no till
O método sen sacho consiste en non remexer o terreo para non estragar e interromper as relacións que se forman na terra entre plantas, animais, fungos e bacterias. Ao remexela, desfalas e perdes —en teoría— os seus beneficios. A máis coñezida destas relacións dase nas micorrizas, a asociación simbiótica entre unha prante e un fungo, onde ámbalas dúas partes benefícianse do intercambio de nutrintes.
O primeiro paso é cobrir a herba con cartón no lugar onde queres poñer a horta. Isto vai matar as herbas que fiquen cobertas e facilitará a limpeza periódica de malas herbas, que acabarán sendo moito menos abundantes que co método clásico.

Sobre este cartón botas unha camada de compost duns 5-10 cm onde queres ter os regos. Neste compost será onde coloques as túas plantas.

Beneficios e inconvites
A proba comezou o 7 de Abril de 2025. A hora de escribir isto, apenas un mes e medio despois, estas son as miñas conclusións moi provisorias:
Avantaxes
De momento, evitar ter que sachar.
Inconvintes
- Precisa moitísimo compost.
- Precisa máis tempo. O cartón tarda meses en se descompoñer. Mentras non o fai, as platas non poden botar raíces fondas porque non son capaces de atravesar o cartón.
- Precisa máis auga. As raíces pouco fondas fican moi perto da superficie, que é máis seca. Até que o cartón non se descompón, é preciso regar máis.
Esta lista é de corto prazo. Até que o cartón non se descompón, todo son dificultades. Pasa por aquí en maio de 2026 para ter unha lista actualizada tras un ano de rodaxe.