Quen está detrás desta web
Esta web é propiedade de Rodrigo Varela Tabuyo. Son o director técnico e de marketing en El Amasadero, unha empresa de venta de produtos para panadería caseira e artesá.
Casa Vacas é o nome que puxeron os meus fillos á nosa casa de Santalla de Devesa, unha parroquia de Friol.
As cookies, para o almorzo
Esta web está feita en WordPress. As cookies que usa son as propias deste CMS.
Non rastrexo datos usando as solucións de Google, Meta ou calquera solución de terceiros. Non gosto da Big Tech e prefiro non ceder os teus datos.
Que información almacena WordPress cando usas Casavacas.gal
Cando as visitas deixan comentarios na web, recompilamos os datos que se mostran no formulario de comentarios, así como a dirección IP da visita e a cadea de axentes do navegador para axudar á detección de spam.
Unha cadea anónima creada a partir da túa dirección de correo electrónico (tamén chamada hash) pode ser proporcionada ao servizo de Gravatar para ver se a estás a usar. A política de privacidade do servizo Gravatar está dispoñible aquí: https://automattic.com/privacy/. Despois da aprobación do teu comentario, a imaxe do teu perfil é visible para o público no contexto do seu comentario.
Cookies
Se deixas un comentario na miña web podes elixir gardar nas cookies de Wordpres o teu nome, dirección de correo electrónico e o enderezo da túa web (se a tes). Isto é para a túa comodidade, para que non teñas que volver encher os teus datos cando deixes outro comentario. Estas cookies terán unha duración dun ano.
Se tes unha conta e conéctaste a este sitio, instalaremos unha cookie temporal para determinar se o teu navegador acepta cookies. Esta cookie non contén datos persoais e elimínase ao pechar o navegador.
Contido incrustado doutros sitios web
Os artigos deste sitio poden incluír contido incrustado (por exemplo, vídeos, imaxes, artigos, etc.). O contido incrustado doutras web compórtase exactamente da mesma maneira que se o visitante visitase a outra web.
Estas web poden recompilar datos sobre ti, utilizar cookies, incrustar un seguimento adicional de terceiros, e supervisar a túa interacción con ese contido incrustado, incluído o seguimento da súa interacción co contido incrustado se tes unha conta e estás conectado a esa web.
Con quen compartimos os teus datos
Con ninguén. Podes visitar esta web coa total seguridade de que non estou a partillar os teus datos con Google, Meta ou similares.
Canto tempo conservamos os teus datos
Se deixas un comentario, o comentario e os seus metadatos consérvanse indefinidamente. Isto é para que podamos recoñecer e aprobar comentarios sucesivos automaticamente en lugar de mantelos nunha cola de moderación
Que dereitos tes sobre os teus datos
Se deixaches comentarios nesta web, podes solicitar recibir un arquivo de exportación dos datos persoais que temos sobre ti, incluíndo calquera dato que nos proporcionaras. Tamén podes solicitar que eliminemos calquera dato persoal que teñamos sobre ti. Isto non inclúe ningún dato que esteamos obrigados a conservar con fins administrativos, legais ou de seguridade.
Onde se envían os teus datos
Os comentarios dos visitantes poida que os revise un servizo de detección automática de spam.