Ola, Santalla!

Celanova, Campo Lameiro, Leiro, A Estrada, Cuntis, Salceda de Caselas… Por todos estes concellos busquei e atopei casas no campo. Vin moitas e non comprei ningunha.

Non foi até caer nunha circunstancia persoal moi particular que o vin claro: Friol é o lugar.

O 24 de xaneiro de 2023 comprei unha casa nun lugar deste concello. Por moitos motivos, sinto que me tocou a lotería.

Os meus fillos, con 7 anos, bautizárona como Casa Vacas Raposo Can Ao Forno. Casa Vacas, para abreviar.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *