En Casa Vacas podes asistir a cursos de panadería tradicional onde aprenderás a prender un forno de leña, amasarás en artesa e cocerás bolos, bolas e tortas de millo. Haberá comida, bebida e conversa.
(¿Estás buscando los cursos en español 🇪🇸 ?)
Lugar de celebración
Corral de Abaixo 1
27299 Friol (Lugo).
Ver en Google Maps. Ver en Open Street Map.
Prezo: 75 €
Horario: de 10:00 a 14:30
Plazas: 4
Cursos en galego (formulario de inscripción)
- Sábado, 14 de xuño de 2025
- Domingo, 6 de xullo de 2025
- Domingo 13 de xullo de 2025
Que farás no curso
Tras unha breve presentación, comezarás a amasar na artesa usando, como non!, fariñas de El Amasadero.

Logo, repartiremos o traballo para cargar e prender o forno, que deberá quencer durante 2 horas.

Nese tempo, plegarás a masa, tomarás a parva e axudarás na preparación da torta de millo e a comida, que cociñaremos no forno.
Arredor das 12:30, colleras o teu anaco de masa, darás forma de bola e deixarás levedar.
Entón daremos un breve paseo para chegar ao antigo muíño ou faremos unhas vasoiras con xestas e cordel.
Ás 13:30, límpase o forno, daraslle forma de bola ou bolo á túa peza e meterás a cocer, xunto coa bandexa da comida (agulla asada con patacas, cenouras e cebola).

Arredor das 14:15, sacaremos o pan e a torta de millo e sentarás á mesa a comer.
Cando marches, levarás para casa o teu pan e torta de millo
Tes algunha dúbida?
Podes escribirme un correo a casavacas@proton.me ou en Signal (usuario roicinho)



