O primeiro curso piloto de panadería tradicional en Casa Vacas foi case un éxito. Esta segunda proba servirá para pulir detalles. Queres participar?
Data de celebración: sábado, 10 de maio de 2025
Lugar: Curral de Abaixo, nº1 – Santalla de Devesa, Friol. Enlace a Google Maps.
Horario: 11:00 a 16:00
Prezo: 12 € por persoa.
Prazo máximo para inscribirse: 14:00 do venres 9 de maio.
Prazas: 6.
Como apuntarse
Programa do curso
11:00 Breve presentación.
11:15 Amasado e prendido do forno.
12:00 Parva
12:45 Primeiro plegado da masa
13:00 Amasado da bica e e comezo da preparación do xantar.
13:15 Formado do pan.
14:00 Limpeza de forno e comezo da cocción da carne.
14:45 Formamos e cocemos o pan e a bica.
15:30 Sacamos todo do forno. A comer!
